martes, 10 de noviembre de 2009

CURSO 2009/2010


Ola a todos,
Comenzamos un novo curso con máis ideas (e cartos) que o ano anterior. Como a biblioteca foi seleccionada para o Plan de Mellora de Bibliotecas (PLAMBE), recibimos, por ser este o primeiro ano, unha axuda considerable para material informático, fondos e mobiliario, así que este ano veredes algúns cambios, tanto no aspecto como no material da biblioteca, xa que a nosa idea é a adquisición de material moderno, e que sirva para a autoaprendizaxe do alumnado. Por suposto aceptamos as vosas suxestións, que podedes enviar enviando un comentario.